Información xeral

Actividade

Xestión do Solo de Galicia-XESTUR, S.A., é unha sociedade anónima resultante da fusión de XESTIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA, S.A., XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A., XESTIÓN URBANíSTICA DE OURENSE, S.A. e XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.; XESTIÓN DO SOLO DE GALICIA-XESTUR, S.A., constituise o 23 de decembro de 2013

O seu domicilio social encontrase establecido en Polígono Fontiñas área Central Local 25Z Primeiro Andar, 15707 Santiago De Compostela

O obxecto social de XESTUR Galicia, S.A. nace para acometer, no ámbito da comunidade autonoma de Galicia, os seguintes fins:

Elaboración de estudos urbanísticos, incluindo a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.

Desenvolvemento da actividade urbanizadora, que comprende tanto a promoción e preparación do solo, a renovación ou remodelación urbana, a realización de obras de infraestructura urbana ou a dotación de servizos para a execución dos plans de ordenación.

Xestión e explotación de obras e servizos resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión ou acabar o convenio correspondente, conforme ás normas aplicables a cada caso.

Calquera outra actividade relacionada coas expresadas nos apartados anteriores incluso a construcción, aluguer e expropiación de naves, vivendas e locais industriais e comerciais.