CONCURSO DE VENDA DA PARCELA 36.4 DO PARQUE EMPRESARIAL DE O CORGO, D4B01-D E H1C08-C DO PARQUE EMPRESARIAL DE A SIONLLA E P-33 DO PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA, PROPIEDADE DE XESTI?N DO SOLO DE GALICIA-XESTUR, S.A.


 O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A. celebrado o 16 de xuño de 2016, resolveu o concurso de venda de parcelas antes citado, adxudicando as parcelas do seguinte xeito:

  • PARQUE EMPRESARIAL DE O CORGO
  • PARCELA ADXUDICADA: 36.4
  • SUPERFICIE: 1.482,33 m2
  • PREZO DE ADXUDICACIÓN :36.190,00 €
  • ADXUDICATARIO: JOSÉ ALBERTO FERNÁNDEZ CELA.
As parcelas que quedaron vacantes no concurso de vendas antes citado, poderán ser obxecto de adxudiación directa, nos prezos e condicións publicados conforme os acordos do Consello de Administración de data 3 de febreiro de 2016 e de 25 de abril de 2016. Para iso, os interesados deberán presentar a correspondente solicitude e ingresar, en concepto de fiuza, unha cantidade equivalente ó 5% do prezo de venda da parcela. En caso de que concorran varias solicitudes sobre a mesma parcela terá preferencia o solicitante que primeiro efectúe o ingreso da fiuza. Os adquirentes destas parcelas quedarán suxeitos ás mesmas obrigas que as recollidas nas bases do concurso de vendas. As solicitudes de compra de parcelas, que sexan obxecto de adxudicación directa, deberán de ser autorizadas previamente polo Consello de Administración.

O XERENTE

Jorge Carballeira Fernández