CONCURSO DE VENDA DE PARCELAS NOS PARQUES EMPRESARIAIS DE ORTIGUEIRA E A SIONLLA


CONCURSO DE VENDA DE PARCELAS NOS PARQUES EMPRESARIAIS DE ORTIGUEIRA E A SIONLLA

O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia, Xestur S.A. celebrado o 2 de decembro de 2016, resolveu o concurso de venda das parcelas 38, 61, 62, 64, 65, 71, 84, 85, 86 e EQ-C do Parque Empresarial de Ortigueira e das parcelas D4b01a-1, D4b01a-2, D4b01a-3 e D4bo1a do Parque Empresarial de A Sionlla, adxudicando as parcelas do seguinte xeito:

. PARQUE EMPRESARIAL A SIONLLA

. PARCELA ADXUDICADA: D4b01a-1

. SUPERFICIE: 14.000 m2

. PREZO DE ADXUDICACIÓN: 1.127.100 €

. ADXUDICATARIO: “COMPOSTELANA DE TRANSPORTES, S. COOP.”

As parcelas que quedaron vacantes no concurso de vendas antes citado, poderán ser obxecto de adxudicación directa nas condicións e prezos publicadas conforme os acordos do Consello de Administración. Para iso os interesados deberán presentar a correspondente solicitude e ingresar, en concepto de fiuza, unha cantidade equivalente ó 5% do prezo de venda da parcela. En caso de que concorran varias solicitudes sobre a mesma parcela terá preferencia o solicitante que primeiro efectúe o ingreso da fiuza. Os adquirentes destas parcelas quedarán suxeitos ás mesmas obrigas que as recollidas nas bases do concurso de vendas. As solicitudes de compra de parcelas, que sexan obxecto de adxudicación directa, deberán de ser autorizadas polo Consello de Administración.