Procedemento de adquisición de parcelas PLISAN
POXA Á ALZA, MEDIANTE O PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS EN SOBRE PECHADO, PARA A VENDA E/OU CONSTITUCIÓN DO DEREITO DE SUPERFICIE EN PARCELAS RESULTANTES DO PROXECTO DE PARCELACIÓN DA ZONA DENOMINADA ÁREA LOXÍSTICA EMPRESARIAL DA PLATAFORMA LOXÍSTICA E INDUSTRIAL DE SALVATERRA DE MIÑO-AS NEVES (PLISAN). EXPEDIENTE: PLISAN 2025/COMPRAVENDA (5)-LE
Enlaces
Documentación
- Prego de condicións (Galego)
- Pliego de Condiciones (Castellano)
- Parcelario
- Documentación complementaria
1. Obxecto.
O procedemento para a adxudicación realizarase mediante poxa pública á alza e mediante compravenda e/ou para a constitución do dereito de superficie, das parcelas resultantes do proxecto de parcelamento correspondente á zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan). (Expediente: PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE)
A descrición física e xurídica das parcelas obxecto da poxa, así como as súas cargas e gravames, figuran no anexo I do prego de condicións. (Expediente: PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE)
2. Entidade adxudicadora.
Xestión do Solo de Galicia – Xestur, S.A.
3. Prezo das parcelas.
O prezo base de saída para a compravenda, IVE excluído, e para a constitución do dereito de superficie, en concepto de canon, é o que figura no anexo I do prego de condicións. (Expediente: PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE).
4. Garantías.
Para participar na poxa requirirase constituír previamente unha garantía do 5% do prezo base de licitación da/as parcela/s sobre a/as que se realice a oferta.
5. Requisitos específicos das persoas participantes.
Poderá participar na poxa calquera persoa, física ou xurídica, española ou estranxeira, que teña plena capacidade de obrar, de acordo co previsto no Código civil. Non poderán ser adquirentes as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas á intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme ao Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei concursal.
6. Obtención de documentación.
O prego de condicións polo que se rexe a presente poxa, os seus anexos, a documentación relativa ás ordenanzas do proxecto sectorial en que se sitúan as parcelas que se ofertan, así como os datos relativos ás súas subministracións, figurarán na páxina web de Xestur (www.xesturgalicia.com), desde o momento en que este anuncio se publique no Diario Oficial de Galicia.
7. Lugar e prazo de presentación das ofertas.
As ofertas deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Complexo Administrativo San Caetano 15781, Santiago de Compostela.
No caso de que se presenten ofertas en lugares diferentes do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o mesmo día deberá remitirse á Xerencia de Xestur un correo electrónico á dirección: xestur@xesturgalicia.com, indicando a presentación da oferta e o lugar da súa presentación.
A data límite para a presentación das ofertas en sobre pechado será de vinte (20) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
8. Lugar, día e hora de realización da poxa pública.
A poxa pública celebrarase no Salón de Actos do Edificio Administrativo do IGAPE, oficinas de Xestur S.A. da Consellería de Economía e Industria, no día e na hora que se anuncien cunha antelación mínima de cinco días hábiles á súa realización na páxina web (www.xesturgalicia.com).
9. Gastos do anuncio.
O importe do anuncio correrá a cargo das persoas adxudicatarias das parcelas rateado proporcionalmente.