CONCURSO DE VENDA DE PARCELAS DE SOLO RESIDENCIAL DESTINADAS Á CONSTRUCCION DE VIVENDAS DE PROTECCION AUTONÓMIC


CONCURSO DE VENDA E DEREITO DE SUPERFICIE DE PARCELAS DE SOLO RESIDENCIAL DESTINADAS Á CONSTRUCCION DE VIVENDAS DE PROTECCION AUTONÓMICA

Obxecto: Parcelas de solo residencial destinadas á construción de vivendas de protección autonómica, no Parque Ofimático en A Coruña, no Parque Residencial de O Bertón  en Ferrol,  na Urbanización N1-N2 de Garabolos en Lugo, así como do Solo Residencial de Valdecorvos  en Pontevedra, todas elas propiedade de Xestión do Solo de Galicia- Xestur, S.A.

Prego de bases e documentación: O prego de bases polo que se fixan os criterios de venda ou constitución de dereito de superficie e demais documentación, poderá ser examinado na páxina web www.xesturgalicia.com  e nas oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. en horario de 09:00 a 14:00 horas, sitas en:

               

-Sede Central: As Fontiñas. Área Central. Local 25-Z-1º Andar. C.P.15707 Santiago de Compostela. Tlf: 981541949

- Unidade Territorial Norte:

Oficina A Coruña: Ronda de Nelle, 12 bis-1º. C.P.15005 A Coruña. Tf: 981151464

Oficina de Lugo: Avda. Ramón Ferreiro, 28, 1º. C.P.27002 Lugo. Tf: 982889260.

-Unidade Territorial Sur:

Oficina Ourense: Rúa Valente do Casar, 2. C.P. 32003 Ourense. Tf: 988788683.

Oficina Pontevedra: Prza. Maruja Mallo 1. C.P. 36206 Vigo. Tf: 986266477.

 Bases de alleamento que rexirán a compra venda ou adxudicación en dereito de superficie.

- Anexo I Relación das parcelas

-Anexo II Modelo de Solicitude en compra ou dereito de superficie

- Anexo III  Oferta Economica

- Anexo IV Autorizacion

Presentación de proposicións: As solicitudes presentaranse  en sobre pechado, indicando o nome do concurso, o nome e enderezo do solicitante, así como referencia de solicitude en compra venda ou dereito de superficie. O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso, rematará o vindeiro 23 de Marzo de 2023, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur, S.A. ata as 14.00 horas do derradeiro día de prazo.

Apertura de proposicións: A apertura de proposicións realizarase o dia 31 de Marzo de 2023 ás 11:00 horas, nas oficinas da sede central de Xestur, S.A. (Pol. De Fontiñas, Área Central, Local 25Z- 1º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela a 23 de Novembro de 2022

María Doporto Santos

Xerente