O P.E. de As Gándaras (Lugo), forma parte das propostas incluidas no Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Ãreas Empresariais no ámbito da Comunidade Ãutónoma de Galicia, declarado de incidencia supramunicipal o 22 de Xaneiro do 2004. Ao amparo deste Plan Sectorial e axústandose ó mesmo, redactouse un Proxecto Sectorial que ten por obxecto a implantación dun Parque Empresarial no muncipio de Lugo, que acollerá actividades destinadas a usos industriais, terciarios e dotacionais.
O ámbito delimitado, dunha superficie bruta total de 2.136.000 m2, a cuarta máis grande de Galicia, atópase contiguo ao Poligono Industrial do Ceao, nunha área de forte crecemento empresarial e industrial, cunha accesibilidade óptima que se garante dende a autovia A-6. Esta localización garante as súas funcións de especialización, consolidación e reforzo da oferta empresarial existente, polarizada na capital provincial. A implantación da Estación de MercadorÃas do ferrocarril contribúe a dinamizar e revalorizar o Parque Empresarial.
EnerxÃa eléctrica en BT e MT
Alumeado público
Rede de telefonÃa e comunicacións (fibra óptica)
Abastecemento
Saneamento separativo: rede pluviais e rede residuais
Rede de auga recirculada
Rede de gas
Posibilidde acceso Estación Mercancias Ferrocarril