O 12 de xullo do 2000 o Concello de Barreiros e o IGVS asinaron un convenio polo que o IGVS, como Administración actuante, promocionara e xestionara unha actuación urbanística para a preparación de solo industrial dunha superficie aproximada de 13 hectáreas.
A ausencia de solo industrial en poboacións próximas á costa e o emprazamento xeográfico preto do nudo de comunicacións da estrada C-642 que comunica coa costa, e a estrada N-634 que comunica a Comunidade de Asturias co resto de Galicia e coa autovía A-6, fan do enclave elixido unha zona atractiva non só para a industria local, senón tamén para a implantación de industrias de produción a nivel comarcal, provincial, autonómico e estatal.
A finalización da autovía A-8 e a súa conexión coa A-6 mellora ostensiblemente as comunicacións da zona, e en concreto desta actuación urbanística que, en febreiro de 2005, o IGVS transferíu a Xestur para súa promoción e xestión.
Sección informativa
Sitúe o cursor na parcela para ver máis información
Características urbanísticas
Servizos
Enerxía eléctrica en BT
Alumeado público
Rede de telefonía e telecomunicacións (fibra óptica)
Abastecemento
Saneamento
Pluviais
Depuradora
Descargas
Información