O municipio de O Corgo plantexouse como prioridade a creación de emprego e texido industrial que permitira unha diversificacÃón e un crecemento da súa actividade ecónomica, e debido á súa proximidade á capital lucense, a soamente 10 km, aportar á área de Lugo unha actuación industrial que produza un efecto vertebrador garantizando o desenvolvemento económico da rexión.
O 16 de abril de 2002, o Concello de O Corgo asinou co IGVS un protocolo para promover unha actuación urbanÃstica industrial. O enclave escollido cunha extension de 14 hectáreas, encóntrase en terreos situados na marxe esquerda da AutovÃa A-6 (A Coruña-Madrid), proporcionando unha excelente comunicación coas redes de transporte que dotan a esta actuación dun enorme potencial como elemento aglutinador de actividades secundarias e terciarias asociadas á funcionalidade dos accesos e ás infraestruturas de transporte.
Este parque constitúe na actualidade un área industrial e comercial cualificada de actividades produtivas, situado estratexicamente no municipio e en relación coa área de influencia de Lugo a través da AutovÃa A-6.
EnerxÃa eléctrica en BT
Alumeado Público
Rede telefonÃa e telecomunicacións (fribra óptica)
Abastecemento
Saneamento
Pluviais
Depuradora
Rede de gas
Sección informativa
Sitúe o cursor na parcela para ver máis información