CONCURSO DE VENDA DA PARCELA 160 DO PARQUE EMPRESARIAL DE CERVO E L2A01 DO PARQUE EMPRESARIAL DE A SIONLLA PROPIEDADE DE XESTIÓN DO SOLO DE GALICIA-XESTUR, S.A.


O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia, Xestur, S.A. celebrado o 21 de setembro de 2016, resolveu o concurso de venda da parcela 160 do Parque Empresarial de Cervo e L2a01 do Parque Empresarial de A Sionlla, adxudicando as parcelas do seguinte xeito:

  • PARQUE EMPRESARIAL DE A SIONLLA
  • PARCELA ADXUDICADA: L2a01
  • SUPERFICIE: 1.245,00
  • PREZO DE ADXUDICACIÓN :151.500 €
ADXUDICATARIO: AVELINO RIOS CAROLLO.

As parcelas que quedaron vacantes no concurso de vendas antes citado, poderán ser obxecto de adxudiación directa, nos prezos e condicións publicados conforme os acordos do Consello de Administración de data 3 de febreiro de 2016 e de 25 de abril de 2016. Para iso, os interesados deberán presentar a correspondente solicitude e ingresar, en concepto de fiuza, unha cantidade equivalente ó 5% do prezo de venda da parcela. En caso de que concorran varias solicitudes sobre a mesma parcela terá preferencia o solicitante que primeiro efectúe o ingreso da fiuza. Os adquirentes destas parcelas quedarán suxeitos ás mesmas obrigas que as recollidas nas bases do concurso de vendas. As solicitudes de compra de parcelas, que sexan obxecto de adxudicación directa, deberán de ser autorizadas previamente polo Consello de Administración.

O XERENTE

Jorge Carballeira Fernández